Friday 03 de May de 2024

O alumnado da EEI A Ponte participa no obradoiro “Na mestura está a igualdade”, organizado polo Concello de Padrón


O alumnado da escola de educación infantil A Ponte (Padrón) participou esta mañá no obradoiro “Na mestura está a igualdade”. Trátase dunha actividade organizada polo Concello de Padrón, a través do Centro de Información á Muller, con motivo da conmemoración do 25-N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O alumnado da unitaria da Ponte elaborou unha árbore moi especial, onde toda a comunidade educativa quixo estampar as súas mans violetas amosando que desexan respecto para todas as persoas.